A miña camariñaaaa!!!

Friday, December 09, 2005


Volvemos á carga!!!!!!!

Arremetendo contra o Cambrés!!!!!

Volven as Monferoutesas coas baterías cargadas... iso si non sabemos se seremos quen de actualizar a blog máis de dúas veces seguidas... pero bueno, non vos deseperedes.

Ben sabido é por todos que nós non traballamos en base ós típicos criterios cuantitativos.... aquí o que manda é a CALIDÁ ... cunha baixa frecuencia claro!

Para os que aínda dubidábades das dotes artísticas do Cambrés, aquí tedes outra proba froito do noso olfato xornalístico. Se vos parece que non estamos no certo, non tedes máis ca pedirlle que poña o seu chapeu, e entón verédelo todo máis claro.

Á marxe de que o bicho en cuestión teña máis dobles polo mundo ca o mesmo Sadam Husein, agora lanzámosvos a proba definitiva..... que nos vén da man do seu "PROBADO" parentesco co líder musical....Cañita Brava...., vocalista dos "Backstreet Bois" vido a menos.


A raíz desta nova revelación, as Monferoutesas seguiránvos informando puntualmente fronte á posibilidade de que o Cambrés logre algún tipo de papel na próxima edición de Torrente.

Hasta la vista beibis!

Thursday, October 27, 2005

¿Sónavos algún destes individuos?? Probablemente si, pero digo individuos, así en plural, porque son dous, SI, SI, por moi incrible que pareza non son o mesmo. As monferoutesas xa chegamos á conclusión no seu día de que o noso amigo cambrés ademáis dunha pintiña de turco que non hai quen lle quite xa tiña pasado antes pola gran pantalla. E como boas xornalistas pescudamos no seu escuro pasado e descubrimos que se trata dun clon de Omar Sharif, ou quen sabe, non o temos moi ben investigado aínda, quizais sexa o seu fillo secreto pola famosa cidade de Cambre.
P.D. Esperamos que isto non traia consecuencias na nosa relación cambresiño, que ti ben sabes que che queremos ben pero encántanos meternos contigo.


Esta xa é a segunda vez que tratamos de escribir o texto que acompaña a esta foto... maldito wifi!!!
Pois nada, que queríamos presentarvos o ideal de beleza masculino das monferoutesas. Así que xa ves cambrés, ata que non te poñas así nin te miramos...
Pero tranquilos todos, que nós non somos unhas tolas viciadas á telenovela coma a tipa esa que está mal da cabeza que anda sempre polos ordenadores da facu vendo telenovelas cos cascos (aínda encima de TeleMundo, é que esa muller non ten verghonza), seguro que esa porcona se pon alí toda quentiña vendo nas telenovelas e por iso berrea tanto.... enfín, que nesta blog non imos falar de porcalladas coma outras nas que puidemos ver comentariños sobre "conas desvirgadas", desde logo..... que pouco finos....

Thursday, October 13, 2005



Aquí estamos as dúas protagonistas do blog, ou máis ben, as dúas ás que esta tarde se lles acordou facer un blog en vez de poñerse en serio a facer o traballiño de Guión Audiovisual; é que como agora parece que está tan de moda ter unha blog temos que poñernos ó día.

Xa iremos contando máis cousiñas por aquí se a facu nos vai deixando tempo pa ter vida social, jeje.

Bicos a todos e benvidos!!!