Thursday, October 13, 2005



Aquí estamos as dúas protagonistas do blog, ou máis ben, as dúas ás que esta tarde se lles acordou facer un blog en vez de poñerse en serio a facer o traballiño de Guión Audiovisual; é que como agora parece que está tan de moda ter unha blog temos que poñernos ó día.

Xa iremos contando máis cousiñas por aquí se a facu nos vai deixando tempo pa ter vida social, jeje.

Bicos a todos e benvidos!!!

2 Comments:

Blogger o cambrés said...

Bueno, como vexo que o da blog iba en serio (pensei que xa me estabades a tomalo pelo coma sempre) vou inaugurar (si, sei utilizar este verbo, pese ós rumores que corren sobre a miña sospeitosa vocalización ¿ou será vogalización? Carme axúdame...) o dos comments. En primeiro lugar reclamo dereitos de autor por esa magnífica foto que ilustra a páxina. Se a tivese feito salgado seguro que sería materia de exame en fotoxornalismo (ou igual valía para o tema das traxedias do obradoiro deste ano ;-P). Bueno, bicos para as miñas monferoutesas favoritas. E a ver se cuidamos a blog e escribimos un pouquiño que está bastante desanxelada. Por certo, anuncio que a seguinte aparición no mundo da blogosfera será a blog do cambrés. Estade atentas e atentos.

3:13 PM  
Blogger La Noe said...

Ola nenitas!!
Como vedes vouvos facer un pequeno comentario e espero que vós me correspondades na miña nova blog (primeira) anovainocelta.blogspot.com. Que monísimas saides nesa foto húngara. a verdade é que non sei de que me estraña porque á fin e ó cabo, á excursión do paso de ecuador fomos as máis fermosas belezas da facultade!!!. que recordos teremos cando vexamos estas fotos alá polo ano 2030? imaxinádevos ensinándolles ós vosos fillos, netos ou bisnetos o ben que o pasamos. que lles contariamos? definitivamente, hai que facer unha reunión de antigos viaxeiros a budapest e praga o 3 de outubro do 2030. espérovos na entrada do burgo das nacións (se é que segue existindo) ás 17.00. non faltedes á cita.

7:57 AM  

Post a Comment

<< Home