Friday, December 09, 2005


Volvemos á carga!!!!!!!

Arremetendo contra o Cambrés!!!!!

Volven as Monferoutesas coas baterías cargadas... iso si non sabemos se seremos quen de actualizar a blog máis de dúas veces seguidas... pero bueno, non vos deseperedes.

Ben sabido é por todos que nós non traballamos en base ós típicos criterios cuantitativos.... aquí o que manda é a CALIDÁ ... cunha baixa frecuencia claro!

Para os que aínda dubidábades das dotes artísticas do Cambrés, aquí tedes outra proba froito do noso olfato xornalístico. Se vos parece que non estamos no certo, non tedes máis ca pedirlle que poña o seu chapeu, e entón verédelo todo máis claro.

Á marxe de que o bicho en cuestión teña máis dobles polo mundo ca o mesmo Sadam Husein, agora lanzámosvos a proba definitiva..... que nos vén da man do seu "PROBADO" parentesco co líder musical....Cañita Brava...., vocalista dos "Backstreet Bois" vido a menos.


A raíz desta nova revelación, as Monferoutesas seguiránvos informando puntualmente fronte á posibilidade de que o Cambrés logre algún tipo de papel na próxima edición de Torrente.

Hasta la vista beibis!

8 Comments:

Blogger alevina said...

Bueeeno... o do tipiño dos baquestritbois aínda pasa. ¡Pero a cañita brava non se me parece en nada! Atención á calidade, eh? ¡Non baixéde-la garda! Jeje. Biquiños, nenas.
Por certo, ¿cando me ensináde-la carta da comida de Nadal? ;)

12:00 PM  
Blogger Vero & Carba said...

Cando ti queiras vai pedindo, que che parece? logo nós dicímosche se o menú que pediches é viable ou non, jeje. Esta semana parece ser que tamén vai haber cea de clase, eu aínda non sei se irei, haberá que pensalo...

10:24 AM  
Blogger Cubilete said...

Jajaja!!! Espero que nunca me saquedes na vosa páxina... (Poñerse nas vosas mans pode ser peligroso!!!)
;P

11:48 AM  
Blogger alevina said...

Estou de acordo con rapunsel!!! Nenas, a casa hai que empezala polo tellado: primeiro dádeme a carta e logo escollo menú, ¿non? Jeje! Biquiños e ata moooi pronto! 10 días e descontando...

7:49 AM  
Blogger Marla Singer said...

Creo que entre o cambrés e vós hai máis que amizade...

3:03 AM  
Blogger Nermi said...

Hola

4:34 AM  
Blogger Marla Singer said...

Non podo acceder ó teu blog individual:(

11:43 AM  
Blogger Shara said...

Hello , I want to introduce you a article site:
http://global-in-arm.com
See u soon,

11:46 PM  

Post a Comment

<< Home